We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Deseqilibrio Mental - S​é​culos Escuros III "Ilusi​ó​n"

by Deseqilibrio Mental

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
Que din os rumorosos? Que din os rumorosos? Os rumorosos din: que estamos cansados de merda, fartos e asqueados de crenzas, de farois e de falsas promesas. Patraña política que nos representa. Maderos! Coma carrachos no cortello. Coma sempre chupando do teto e logo en vez de currar andan encerrando rapeiros. Funcionarios! Persoal do concello que sobra. Non rascaron nin rascarán bola. Temos ganas dunha revolta e metelos a todos nun saco e pa cacharela. Goberno! Catro décadas de miseria, de retraso e xente nas cunetas e de moitos cartos que van destinados á igrexa. Igrexa! Non se cansan pasando a bandexa, non entenden nada de pobreza. Só espero ver algún día como reventan. Banqueiros! Controlando o poder do diñeiro. Culpables dunha crisis eterna e mentras tanto nós pagando todas as súas deudas. Xustiza! Esa que din que é igual para todos pero siguen sacando petróleo e pásana polo forro ricos e poderosos. Fachas! Un virus en total expansión. Panda de apirolaos e mamóns. Un dócil rebaño que segue ao pastor. E ti valente! E ti valente! Que segues chupando da merda E ti valente! E ti valente! Que segues votando á dereita. Temos unha palabra que a ti te representa: FÓDETE! FÓDETE! Que din os rumorosos? Catro millóns de parados malvivindo hipotecados, moitos deles sen tellado e con fillos ao seu cargo Sanidade! Listas de espera eternas. Unha perla tirada á basura, queren privatizala e vendela, algo que xa non ten cura. Empresarios! Esas grandes empresas corruptas que che fan currar coma un bestia e che obligan a facer mil horas só por un soldo de merda. E a puta economía! É o cáncer que leva á ruína e destrúe o planeta e a vida. Igrexa, economía, xustiza e empresarios. Banqueiros, sanidade, goberno e funcionarios. Os fachas e maderos que sehuen apoiando a un sistema rancio, absurdo e precario. Terédesnos en conta, andade con coidado. Seguiremos loitando, seguiremos berrando: FÓDETE! FÓDETE!
2.
Ilusión 03:49
Houbo un tempo en que as decepcións inundaron esta vida chea de ilusión e parouse o tempo, sen deixarche respirar. Sempre hai un antes e un despois neste mundo cheo de emocións, escoita! Non te rindas e segue adiante cando o corpo cho pida. NON PARES! NON PARES! Porque o tempo pasa e non volve atrás, non volve a pasar por diante dos teus ollos. Rompe todo o que teñas que romper salta todo o que teñas que saltar vive a vida sen mirar atrás, de frente... E sempre adiante! Deixa atrás todo o que teñas que deixar, nunca te esquezas quen che botou a man, nun mal momento eso conta moito mais... Nunca te esquezas... Nunca te esquezas! Nunca choveu sen escampar Sempre saíu o sol tarde ou axiña pra volver a comezar, pra volver brindar... Pra manterte! E aquí de novo outra vez cheo de ilusións que non se esgotan cunha nova sensación de satisfación! NON PARES! ADIANTE! NON PARES! Sempre hai camiños para andar! Deixa atrás todo o que teñas que deixar, nunca te esquezas quen che botou a man, nun mal momento eso conta moito mais... Nunca te esquezas... Nunca te esquezas! Nunca choveu sen escampar Sempre saíu o sol tarde ou axiña pra volver a comezar, pra volver brindar... Pra manterte! E aquí de novo outra vez cheo de ilusións que non se esgotan cunha nova sensación de satisfacción! Sempre hai un lastre... Que queda atrás! Sempre hai novas ilusións e inquedanzas polas que loitar Xamais dirás! Xamais dirás! Que non foi bonito ter que tropezar pra empezar a ver o que rematou e o que volveu a comezar... NON PARES! ADIANTE! NON PARES! Sempre hai camiños para andar!
3.
Lumes Nunca Máis! Nunca! Lumes... Nunca Máis! Lumes Nunca Máis! Máis Lumes... Nunca Máis! Co monte é evidente que se vos vai moito a pinza en vez de velo todo verde preferídelo negro e cinza. Facedes que a fauna morra ou teña que marchar. Peor o leva a flora que non ten como escapar. Pero é que non sabedes que as áreas forestais son os pulmóns da vida: Lumes Nunca Máis! Lumes Nunca Máis! Nunca! Lumes... Nunca Máis! Lumes Nunca Máis! Máis Lumes... Nunca Máis! Que importe máis calquera interese privado que ter o planeta totalmente contaminado. Así de irracional así é o ser humano que antepón o capital a manter o planeta sano. Fodédelo medioambiente matádelos animais arden casa e morre xente Lumes Nunca Máis! Lumes Nunca Máis! Nunca! Lumes... Nunca Máis! Lumes Nunca Máis! Máis Lumes... Nunca Máis! Hectáreas queimadas hectáreas arrasadas miles de hectáreas totalmente calcinadas. NUNCA MÁIS!!!
4.
A cura contra cultura é poñer man dura contra tortura Profesión en censura non cabe duda Hai que acabar con esta festa basura que contra natura Festa subnormal, Festa nacional Comportamento anormal contra dun animal Decidir así a súa morte está mal Decidir sobre calquera ser mortal Adéstranse para comportarse con total frialdade son asasinos ben vistos pola sociedade Touros ensinados Touros embravecidos Pagan ca súa vida o seren así aprendidos A grada manifesta a súa ledicia Ante a bandeira nacional No alto estandarte a súa dignidade E a tortura patrimonio cultural A grada alimenta de brancos recortes do touro xa colgan cinco bandeirolas A morte esta preto coa lingua fora Símbolo noxento da cultura española Sangue no rodo O trofeo xace morto tendido na area Sangue de touro Que será verquida por vós en cada festa Sangue de ouro O trofeo xa esta morto sin rabo nin orellas Sangue nas barreiras Agora a crueldade vai en hombreiras A cura contra cultura é poñer man dura contra tortura Profesión en censura non cabe duda Hai que acabar con esta festa basura que contra natura Festa subnormal, festa nacional Comportamento anormal contra dun animal Decidir así a súa morte esta mal Decidir sobre calquera ser mortal Sangue no rodo O trofeo xace morto tendido na area Sangue de touro Que será verquida por vós en cada festa Sangue de ouro O trofeo xa está morto sin rabo nin orellas Sangue nas barreiras Agora a crueldade vai en hombreiras
5.
Hoxe era unha mañá calquera Desas na que o sol entra pola fiestra Cando fun xunto a ti estaba contenta E vin que estabas facendo a maleta Chamaches por mín, na man a correa Íbamos pasear me puxen moi leda Saltaba e brincaba con tanta alegría Non tiña idea do que me pasaría Subíchesme o coche na parte de atrás Hoxe o paseo sería especial ... Saímos lonxe non sei donde estaba Paraches no monte dixéchesme baixa A miña pelota na maleta estaba Lanzáchesma forte corrín a buscala Atravesei silvas toxos e ramas E cando a collín ... o coche arrancaba!! Pánico e o único que sentía E corrín tanto como podía Pero non puiden alcanzalo Non entendía o que estaba pasando Pasaron os días e máis débil me atopaba Notaba as costelas tiña pulgas e carrachas Vagaba soa polo mundo En busca da miña casa Un día un estraño se me acercou E nunha celda oscura me encerrou Cheiraba a morte de outros coma min E a pesar de todo so podía pensar en ti No seu último alento So te botaba a ti de menos O can é o único animal Que te quere máis que a si mesmo Que por moito que lle fagas mal Sempre te vai seguir querendo Non os abandones ... Non lles fagas mal Rescátaos dos refuxios, Merecen eso é mais Como o puideches facer !!
6.
Ola de novo meu amigo xa fai moito que non che escribo dende que te foches non cambiou nada de nada todo segue igual, tal e como estaba ... tal e como estaba isto sigue parecido, porque non podo estar contigo xá é bastante cambio non estar ti por aquí eu conto de que eso non sexa sempre así moito añoro a túa presenza as nosas tardes de taberna aquelas charlas e encontros sobre un futuro novo que xamáis esqueceremos ... e que axiña volveremos ter!! os días que compartimos moitas noites que vivimos máis agora compañeiro, a distancia nos separa pero dentro do meu ser ... non existen reixas nin murallas!! non existen reixas nin murallas non hai cancelas pechadas non existen reixas nin murallas non hai ... agora sei que sentes frío porque xa ninguén te arroupa cando o mundo segue xirando e non te ve nin te escoita e ... non te ve nin te escoita non te ve nin te escoita só aguanta un pouco máis quero que sexas forte só aguanta un pouco máis que non te tumbe a pena porque dentro do teu ser ... non hai cancelas pechadas!! non existen reixas nin murallas non hai cancelas pechadas non existen reixas nin murallas non hai cancelas pechadas .... Noon!!
7.
Lémbraste daquela vez Daquela vez naquel tempo pasado Aquelas risas aquel bo rollo Aquelas cerveciñas o acabar ó ensaio Vivimos momentos que son historia Lembranzas e experiencias que son a hostia Garitos, pobos, cidades, escenarios E moita boa xente que non olvidamos Aquí seguimos, aquí estamos Todos unidos despois de tantos anos Aquí seguimos, aquí estamos Todos unidos despois de tantos anos Levámolo nome da nosa aldea A cada curruncho da xeografía galega Mantendo as forzas e con paciencia A nosa arma segreda para a resistencia Pasaron anos, momentos duros Tampouco sabemos o que traerá o futuro Se os malos tempos xa son pasado Cumpramos este soño que estou soñando!! Xuntarnos todos nun mismo berro!! Aquí seguimos, aquí estamos Todos unidos despois de tantos anos Aquí seguimos, aquí estamos Todos unidos despois de tantos anos Metal, metal, metal, metal rural Metal, metal, metal rural Metal, metal, deseqilibrio mental Mental, mental, metal rural Metal, metal, metal rural Metal, metal, metal rural Na Casalonga!! ... En galego!! Na Casalonga!! Aquí seguimos, aquí estamos Todos Unidos!! Aquí seguimos, Aquí estamos
8.
Noites 03:42
Chegados a éste punto Ninguén se sorprenderá Que os días de cacharras Nunca se esquecerán De taberna en taberna Todos peidos coma cans Gastando os cartos todos Que che daban os teus pais Dúas mil pesetas eran Menudo gran pastón Fumabas e bebías E volvías cun puestón Marchamos todos xuntos Dende a estación do tren Chegados ao destino Cubalibres no andén Dun lado para outro De adiante para atrás Aínda queda moita noite Ten coidado que vas pinchar Xa estamos entonados Listos para arrancar Vai o mamón de turno E empeza a jomitar Noites e máis noites de descontrol Noites e máis noites en vela Noites e máis noites de destrución Noites e máis noites de festa Poñémonos en marcha Buscando outro lugar Falas con todo cristo Que te atopas sin buscar Escoita rock&roll Soan os DRINKIN ́TINTO Como non pode ser menos Pide ronda de chupitos Chupito vai ... chupito ven De herbas ou ... licor café Que máis che dá ... Que máis che ten O importante é beber!! Noites e máis noites de descontrol Noites e máis noites en vela Noites e máis noites de destrución Noites e máis noites de festa Xa son altas horas E vamos coma cans Topamos cun veciño Pa casa nos vai levar Xa son as sete e media E uns frenos de man Parounos a madera Positivo e moito máis Noites e máis noites de descontrol Noites e máis noites en vela Noites e máis noites de Rock&Roll Días e máis días ... días e máis días Días e máis días ... De resacón!!
9.
Toda unha vida loitando dando a cara nunca se agochou de nada nin por nada escolleu un camiño claro escolleu un bando que a pesar de non gañar sabías que era o adecuado pasando penurias, sufrindo en trincheiras rezándolle a un deus ... que nunca o escoitaba pensando que todo aquelo acabara que non tiña sentido de tantas balas mal gastadas, matando e destruíndo xa máis atoparían, ningún perdón divino Os anos foron pasando, anos de dictadura privado de liberdade, humillación e torturas preso de soños, preso de ilusións, vida marcada esperanza no corazón é o único que che quedaba E agora por fin todo aquelo rematou eres libre de mente pero non de corazón Tes un novo inimigo co que tes que loitar ves o ceo chorar dende a túa fiestra que pa ti se convirteu nunha translucida reixa na que en soidade esperas o teu triste final Donde atopar as forzas para continuar como vivir, como loitar en soidade como empurrar cando ves tan preto o final como later un corazón cando arrugado está Sempre intentou que todo fose adiante traballando e aforrando coma nadie e agora que xa non podes nin levantarte a ninguén lle interesa a ti coidarte abrirei esta fiestra, saltarei a cancela voltarei ata o campo gritarei liberdade a miña voz será, a túa realidade que nunca máis escoitaras palabras de agarimo O conto está acabado ... Xa todo está extinguido!! Donde atopar as forzas para continuar como vivir, como loitar en soidade como empurrar cando ves tan preto o final como later un corazón cando arrugado está Só por unha vez, só por unha vez Quero esquecer o que fixestes ... Só por unha vez, só por unha puta vez Quero entender ... por que o fixestes!!

about

Deseqilibrio Mental neste disco foron:

Fito - Voz
Milio - Voz
Jimmy - Guitarra rítmica e coros
Mario César - Guitarra rítmica, solista e coros
David Varela “Barbas” - Guitarra solista e coros
Piki - Baixo e coros
Piedra - Batería

Séculos Escuros III foi gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico en Pouland Studios (Ames, GZ) durante os meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2019. A preprodución gravouse entre os meses de marzo e abril de 2019 e aos mandos estivo David Varela "Barbas". A letra e música de todos os temas foi composta e arranxada por Deseqilibrio Mental.
É unha produción de Iago Pico e Deseqilibrio Mental.

credits

released September 6, 2019

license

all rights reserved

tags

If you like Deseqilibrio Mental, you may also like: