We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.
/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

lyrics

Toda unha vida loitando dando a cara
nunca se agochou de nada nin por nada
escolleu un camiño claro escolleu un bando
que a pesar de non gañar sabías que era o adecuado

pasando penurias, sufrindo en trincheiras
rezándolle a un deus ... que nunca o escoitaba

pensando que todo aquelo acabara
que non tiña sentido
de tantas balas mal gastadas, matando e destruíndo
xa máis atoparían, ningún perdón divino

Os anos foron pasando, anos de dictadura
privado de liberdade, humillación e torturas
preso de soños, preso de ilusións, vida marcada
esperanza no corazón é o único que che quedaba

E agora por fin todo aquelo rematou
eres libre de mente pero non de corazón
Tes un novo inimigo co que tes que loitar

ves o ceo chorar dende a túa fiestra
que pa ti se convirteu nunha translucida reixa
na que en soidade esperas o teu triste final

Donde atopar as forzas para continuar
como vivir, como loitar en soidade
como empurrar cando ves tan preto o final
como later un corazón cando arrugado está

Sempre intentou que todo fose adiante
traballando e aforrando coma nadie
e agora que xa non podes nin levantarte
a ninguén lle interesa a ti coidarte

abrirei esta fiestra, saltarei a cancela
voltarei ata o campo gritarei liberdade
a miña voz será, a túa realidade
que nunca máis escoitaras palabras de agarimo
O conto está acabado ... Xa todo está extinguido!!

Donde atopar as forzas para continuar
como vivir, como loitar en soidade
como empurrar cando ves tan preto o final
como later un corazón cando arrugado está

Só por unha vez, só por unha vez
Quero esquecer o que fixestes ...
Só por unha vez, só por unha puta vez
Quero entender ... por que o fixestes!!

credits

license

all rights reserved

tags

If you like Deseqilibrio Mental, you may also like: