We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.
/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

lyrics

Hoxe era unha mañá calquera
Desas na que o sol entra pola fiestra
Cando fun xunto a ti estaba contenta
E vin que estabas facendo a maleta

Chamaches por mín, na man a correa
Íbamos pasear me puxen moi leda
Saltaba e brincaba con tanta alegría
Non tiña idea do que me pasaría

Subíchesme o coche na parte de atrás
Hoxe o paseo sería especial ...
Saímos lonxe non sei donde estaba
Paraches no monte dixéchesme baixa

A miña pelota na maleta estaba
Lanzáchesma forte corrín a buscala
Atravesei silvas toxos e ramas
E cando a collín ... o coche arrancaba!!

Pánico e o único que sentía
E corrín tanto como podía
Pero non puiden alcanzalo
Non entendía o que estaba pasando

Pasaron os días e máis débil me atopaba
Notaba as costelas tiña pulgas e carrachas
Vagaba soa polo mundo
En busca da miña casa

Un día un estraño se me acercou
E nunha celda oscura me encerrou
Cheiraba a morte de outros coma min
E a pesar de todo so podía pensar en ti

No seu último alento
So te botaba a ti de menos
O can é o único animal
Que te quere máis que a si mesmo

Que por moito que lle fagas mal
Sempre te vai seguir querendo
Non os abandones ... Non lles fagas mal
Rescátaos dos refuxios, Merecen eso é mais

Como o puideches facer !!

credits

license

all rights reserved

tags

If you like Deseqilibrio Mental, you may also like: