We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.
/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

lyrics

Séculos Escuros II é unha viaxe que vai dende o 2016 ao 2019 .
Foi gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico e Deseqilibrio Mental nos Estudos Pousada Son en diferentes xornadas entre 2016 e 2018.

NON HAI VOLTA ATRÁS e POR UN MOMENTO foron gravados en Febreiro de 2016, contando coa guitarra solista de Miguel Duarte, quen tamén se encargou da preprodución dos mesmos.
Grazas polos anos que nos acompañaches e por todo o traballo feito xuntos.

ÚNETE foi o último tema en rexistrase do E.P., entre xullo e agosto de 2018 xa con Mario César incorporado á guitarra, verán no que á súa vez xirávamos por distintos festivais da xeografía galega. Colaboraron nas voces principais Markiños Drinkin, Vituco Neira, Benja Seoane e Xosé Antón Bocixa . Aos coros estiveron María Iglesias, Arturo Igrexas, Paula Souto, Pat, J.A. Pais, Bea Bello, Emilio Iglesias, Cristina Teo, Tomás Fernández, Andrea Hortas, Xoán Carreira, María Inés Fernández, Susana Mazaira Moreiras e Iago Pico. As nenas e nenos que colaboraron prestándonos as súas voces no estudo foron Xiana Bustelo Tallón, Iago César Souto, Uxía Ponte Teo, Jorge Gonzalez Teo, Martina Iglesias Gallardo, Ingrid Guldrís Hortas, Uxía Fernández
Reimundez, Xoán Fernández Mazaira, Uxía Fernandez Mazaira e Antía Fernández López.

POR UN MOMENTO foi o primeiro videoclip en lanzarse, filmándose no antigo Cine de Osebe (Calo – Teo). Foi producido por Juán A. Antepazo (Nova imaxe) e Miguel Lamas (A Casa do retrato). Os protagonistas do vídeo son o actor Josito Porto, Lucía Mosquera e Xiana Bustelo.

O segundo vídeo en lanzarse foi NON HAI VOLTA ATRÁS que inclúe 2 partes. A primeira trátase da INTRO (N.H.V.A.) como adianto do videoclip. Rodouse na antiga Fábrica de cepillos en Cacheiras (Teo) por Xosé Lois Novo e foi producido por Miguel Grandío de O Galiñeiro Escuro.
Por outra banda o videoclip NON HAI VOLTA ATRÁS, foi filmado na antiga Sala Zeleste de Osebe (Calo – Teo), sendo unha produción de O Galiñeiro Escuro, encabezada por Miguel Grandío, Laura Ferreiro e Iago M. Souto.

O terceiro Videoclip, ÚNETE, filmouse na carballeira de Cornide e na antiga canteira da Casalonga (Calo – Teo) por Xosé Luís Blanco e Xosé Novo, sendo a edición de Sara Fernandez.

ÚNETE foi composta por Deseqilibrio Mental coma resposta ao proxecto de instalación dunha planta de residuos na antiga canteira da CASALONGA. Ademais da nosa aldea pretenden contaminar Calo, Teo e Ames, entre outras áreas. Non permitiremos que esta ZONA RESIDENCIAL se converta en RESIDUAL. Os protagonistas deste vídeo sodes todos os veciños e veciñas que vos xuntastes tanto para facer a rodaxe en Cornide como os participantes da cadea humana na canteira da Casalonga, dende os máis pequechos aos máis maiores. Grazas a todos e todas.

O Deseño Gráfico é de Ra Eu.
Todos os temas de Séculos Escuros II foron compostos e arranxados por Deseqilibrio Mental.
A base musical de Intro (N.H.V.A.) foi composta por Iago Pico e Deseqilibrio Mental.

Agradecementos especiais para Arturo Igrexas, Markinhos Drinkin, Juan Antepazo, Miguel Lamas, Fernando Moledo, Carlos Gandón, Miguel Grandío, Iago Pico, María Iglesias, Cristina Teo, Xosé Lois Novo, Sara Fernandez, Vituco Neira, Ra Eu, Xosé Antón Bocixa, David Varela (Barbas), Emilio Iglesias, Xiana Bustelo, Tito, Moncho Rivadulla, Andrea Hortas, Fina e Santiago do bar Carril, Lucía Mosquera, Josito Porto, Xosé Luís Blanco, Loren Tevra, Benja Seonae, Kike Goyplason, Miguel e Toxo, Manuel Martínez e todo o equipo de Sonacustic, David Piñeiro, Nolo Chazo e toda a organización do Rockin´Vila, Alex e Nerea Fiuza e a toda a xente que participou na montaxe do Festival Novo Cruceiro Rock, Richi e o seu Entrebateas, Cebei e toda a organización de Música na Noite, Elpidio e Adrián do Ameixa-Rock e Fran Lago e todos os seus compañeiros do Asaghieiras Máster Féstival. Medomedá, Astarot, Ruxe-Ruxe, Zenzar, Biribirlocke, Golpe Radikal e un largo etc .
Éste traballo vai adicado á memoria de Marisol “A Chinta” de Castiñeiras e Juán Jesús Fernandez Santiago.

Deseqilibrio Mental foron neste disco :
Fito – Voz
Anxo – Voz
Jimmy – Guitarras e coros
Mário César – Guitarras e coros
Piki – Baixo
Piedra – Batería

Moitas grazas a todos e a todas e a ti por mercar o disco e seguirnos! NA CASALONGA ROCK &ROLL. Séculos escuros II: ÚNETE.

credits

license

all rights reserved

tags

If you like Deseqilibrio Mental, you may also like: